Un desacertado Nordata perde na loita polo quinto posto en Porriño
BALONMANO PORRIÑO 22 – 19 NORDATA XIRIA Comezaban o partido as do Nordata con máis incertidumbre que acerto tanto en ataque como en defensa. Non se estaban a sentir cómodas…

BALONMANO PORRIÑO 22 – 19 NORDATA XIRIA
Comezaban o partido as do Nordata con máis incertidumbre que acerto tanto en ataque como en defensa. Non se estaban a sentir cómodas e non daban atopado a forma de meterse no partido, con moitas imprecisións nos pases e moitos lanzamentos fallados chegaban ao descanso 12-7 a favor das locais.
Na segunda metade produciuse un cambio no xogo das verdinegras e comezaron a verse boas accións defensivas que permitían ao Nordata Xiria apretar o marcador, pero unha vez máis as perdas de balón por imprecisións nos pases sentenciaban un partido que baixa ás nosas á sexta posición na Liga Ouro.
Na próxima xornada reciben na casa ao Durán Barcia Bm Cañiza para retomar a senda das boas sensacións e na procura de 2 puntos que as acheguen de novo ao quinto posto.
Nordata Xiria: Sara Trigo, Lucía Castiñeiras (1), Natalia Varela (2), África Gómez (6), Mara Vidal (4), Inés Cabeza (1), Zaira Longueira (1), Aroa Lista (1), Eva Vidal (3).



