O partido ante Lalín prometía unha forte loita e non defraudou. Dende o comezo do encontro ambos conxuntos mantiveron un intenso pulso de lento intercambio de goles. Ninguén foi capaz de superar con autoridade as 6:0 con saídas propostas en ambas áreas. As subidas a nove metros para evitar o lanzamento exterior forzaba a buscar os intervalos xerados, pero as fortes axudas dunhas defensas ben concentradas dificultaban as notables capacidades ofensivas de dous equipos con propostas semellantes.
O tempo morto do Xiria no minuto 25 axudou a aclarar as ideas e obter un parcial favorable para chegar o (8-11), pero axiña o Lalín recuperaba dous balóns para acortar a vantaxe xusto antes do descanso (10-11).
Na segunda metade os numerosos erros de lanzamento do Seguros Sueiro permitiron achegarse ás locais, que acadaban a igualdade cando a mala sorte fixo acto de presenza o caer unha xogadora do Lalín no nocello de Marina, deixando fora de xogo a defensora central coruñesa e forzando a un cambio defensivo 5:1 que abría a porta para os acertados 1×1 de Carla e Lidia. O Lalín mantiña os tres tantos de vantaxe (20-17) cando Marina recuperaba a posición e a eficacia voltou o bloque carballés.
O Xiria empataba nos últimos minutos, cando un tempo morto do Lalín no 59:40 abriu a porta a unha posible interceptación de Lara Souto a falta de dez segundos, pero despois duns intres de incertidumbre e dous botes, o esférico decidiu quedar en mans pontevedresas e rematou o encontro sen posibilidad de lanzamento (23-23).
Malia que o partido saldouse con reparto de puntos, o resultado de terceros aseguraba a quinta praza do Seguros Sueiro na liga regular galega. O derradeiro encontro en casa ante Choqueiras da vindeira xornada non pode modificar unha clasificación pendente de saber se o Xiria debe xogar eliminatoria ou pasa directamente a Final Four, dependendo do número de prazas para o Campionato de España.