Un sólido Senior B consegue a vitoria fronte ao C.BM. MIÑO

O pasado domingo enfrontábanse no Vila de Noia dous equipos que están a pelexar por afianzarse na 7ª praza da clasificación. Un equipo veterano coma o Miño con xente con moito balonmán ás espaldas e experiencia en categorías superiores contra a xuventude en crecemento dos carballeses.

BALONMÁN XIRIA B 27- CLUB BALONMÁN MIÑO 23

Os carballeses sairon moi centrados ao partido e, con unha defensa dinámica e ofensiva conseguían boas colaboración defensa- portería e recuperar balóns cos que saír rápido á contra. Grazas a isto os Xiria conseguía escaparse moi rápido no marcador. A partir de ahí o equipo sustentouse na defensa e conseguiu manter esa ventaxa ata marchar ao decanso 16-9 no marcador.

Á saída dos vestiarios foi moi mala por parte dos carballeses e isto facía que os de Ourense conseguiran recurtar distancias no marcador. Xa non existía o dinamismo na defensa e o ataque estaba moi atascado. Con todo, e mostra de algúns dos aprendizaxes de este ano conseguiuse volver ao partido e manter a distancias no marcador ata chegar ao final do mesmo sen perigo de perder os dous puntos. Vitoria de valor que fai que 7ª praza se vaia afianzando un pouco máis.