Vitoria con claridade para o Laber Xiria

Viaxaba o Laber Xiria o día de San Xosé, venres 19, a Porriño para enfrontarse ao Bm Porriño. O equipo afrontaba o partido co obxetivo de seguer medrando na labor defensiva e tratando de buscar unha participación positiva de tódo-los xogadores.

O comezo do partido foi frío, con erros no ataque para os carballeses aos que se lle atascaba a defensa 5-1 local. Sen embargo pouco a pouco, o Laber foise entonando e conseguía impoñer o seu xogo. A maiores co paso dos minutos o partido aumentaba en contacto, permitido polos colexiados con equidade para ambos equipos, e ahí nese aumento de intensidade é donde o Laber impoñía a sua superioridade e, en consecuencia a distancia no marcador.

Na comezo da segunda metade o Laber saliu con unha defensa moi ben organizada a cal, en conxunto con boas contras, facía que se sentenciara o partido con tan só 1 gol enc contra en 10 min. A partir de ahí a intensidade baixou e o partido deixou de ser aproveitable para ambos equipos.

Con todo, o Laber segue na senda do traballo e cada día está un pasiño máis preto dos seus obxetivos prantexados ao comezo da tempada, tanto formativos coma competitivos.