Vitoria con solvencia do Grupo Lemaco Xiria A

O Grupo Lemaco Xiria A desprazábase a Novo Mesoiro este sábado para desputar a 5ª xornada da Liga Prata Cadete Feminina fronte ao Bm. Brigantium Nunegal.

As carballesas comezaron o encontro con numerosas imprecisións en defensa que non lles permitían atoparse cómodas co seu xogo. Co paso dos minutos, o aumento da intesidade e da concentración permitiu numerosas recuperacións de balón para distanciarse no marcador gracias aos goles de contraataque. As boas accións do ataque local eran frustadas pola boa actuación da porteira do Grupo Lemaco Xiria A que impedía as opcións de achegarse no marcador. Chegouse así ao descanso cun marcador de 5-19.

Na segunda metade, as pérdidas de balón e os erros de lanzamento das visitantes, eran aproveitados polas rapazas do Bm. Brigantium para aumentar o seu marcador. A pesares diso, as do Grupo Lemaco Xiria non deron o brazo a torcer e mantiveron a intensidade ate o último minuto para asegurar a vitoria.

Co resultado final de 15-34, o Grupo Lemaco Xiria A suma 2 novos puntos que as manteñen primeiras clasificadas do Grupo B.

A vindeira xornada enfrontaranse en Carballo ao Millaven CP Lucense.