O equipo infantil feminino do Punta del Este Xiria da Liga Prata acadou unha vitoria importante na casa este domingo ante o Bm. Abegondo, permitíndolle manter posicións altas na táboa, máis aínda despois da derrota do que era líder, o Bm. Lucense ante o Bm. Atlántico.
As carballesas atoparon en todo momento o camiño hacia o gol, pero unhas veces a porteira e outras a madeira, impedían sumar con regularidade. No descanso, a pesar do dominio, marchaban ó vestiario un gol abaixo (7-8).
Na segunda parte as locais saíron moito máis acertadas, e foron quen de pasar a mandar no electrónico, dominio que xa non cambiaría ata o final do choque, ampliando a vantaxe co paso dos minutos (22-12,final).
Con esta vitoria, as do Xiria empatan con seis puntos no segundo posto, e recibirán na próxima xornada ó líder, o Bm. Atlántico, na busca do liderato do grupo.