Vitoria do Garaysa Xiria na viaxe a Tui

O pasado domingo, día 25, o Garaysa viaxaba ata Tui para xogar o partido da xornada 8 da segunda fase de liga do grupo A. 

Os carballeses, logo de unha fin de semana de descanso tiñan a difícil tarefa de mellorar os partidos anteriores e continuar así nunha liña ascendente. O comezo do partido foi malo por parte dos carballeses, moi falto de movilidade e moi desconcentrados. De este xeito a igualdade e os erros de ambos equipos marcou o inicio do partido. Sen embargo co paso dos minutos o Garaysa puido romper con esa fala de movilidade, conseguindo anotar goles en carreira grazas a súa superioridade física. De este xeito chegouse ao descanso 09-17.

 

Na segunda metade o Garaysa mudou a súa actitude e conseguiu así impoñer o seu ritmo tanto no ataque coma na defensa, foi así como foi abrindo máis brecha no marcador ata o resultado final 20-42. Con todo, a pesares do abultado do resultado final, os carballeses non fixeron o seu mellor balonmán . Non se poden relaxar na recta final da tempada, se queren ser ambiciosos na competición teñen que esforzarse arreo en cada partido e cada adestramento.