O Calvo Xiria imponse ao UB Lavadores e cun punto máis estará na fase de ascenso

Na súa visita a Vigo; o Calvo Xiria; realizou unha vez máis; un gran exercicio de concentración e saíu ao encontro serio e intenso logrando manterse durante gran parte do choque para liquidar con claridade e levar os dous puntos.

Desde os primeiros minutos de xogo; o ritmo foi moi alto; e o Calvo Xiria; dobraba no minuto 9 ao Lavadores (4-8) que solicitaba tempo morto para frear a sangría goleadora. Pero un Calvo Xiria entoado en labores defensivos; conseguía establecer diferenzas de ata 10 goles grazas á eficacia goleadora no contraataque e no ataque posicional. Ao descanso 13 a 23.

Tras o paso por vestiarios, os carballeses, tiveron que lidar con continuas inferioridades numéricas. Os xogadores tiveron que adaptarse e aproveitaron para mellorar neste aspecto do xogo. Aínda que o ritmo, loxicamente foi menor; xogouse con intensidade ata o asubío final. O marcador 29 a 38.

A semana que vén o Calvo Xiria e Oar Coruña mediranse no derbi provincial; onde un punto daría a clasificación matemática ao Xiria para a fase de ascenso.

UB Lavadores 29 – Calvo Xiria 38

UB Lavadores Vigo (13+16): Juan Piñeiro, Adrián Suárez (8), Manuel Martín (2), Diego Pérez (6), Mario Oterino, Pablo Lora (1), Pablo Fernández (1), David Veloso (4), Asier Cerqueira (2), Pedro Cerqueira, Cristóbal Covelo (4), Roberto Martínez (1), Marco Covelo.

Calvo Xiria (23+15): Antonio Mato (p) (1), Iago Gómez (p), Fari (7), Gabriel Castiñeiras (2), Fran Rey (2), Chimpo Rodríguez (2), Diego Vega (2), Juanka (4), Manuel Méndez, Alejandro Gómez (4), Jorge Bouzas (5), David García (6), Adrián Losón (1), Edu Cousillas (2).

Marcador cada 5 minutos: 3-3, 5-9, 5-14, 8-18, 11-21, 13-23,, (descanso); 15-26, 29-28, 20-30, 22-33, 25-36, 29-38.

Árbitros: Lucas Crespo e Alberto Fernández.

Incidencias: Partido correspondente á vixésimo sexta xornada do Grupo A da Primeira Estatal disputado no pavillón mpal de Lavadores, en Vigo.