Xa está aquí O Partido das Lendas

Nesta nova tempada que comeza estamos de noraboa, o 40 aniversario xa está aquí.

Por iso, animámosvos a todos os ex-xogadores/as do club a que descolguedes as botas e veñades pasar unha xornada divertida e de lembranzas, pois 40 anos só se cumpren unha vez na vida!

Queremos celebralo con todos vós, pois formades parte desta historia que ao longo de 40 anos foi medrando e que ainda lle queda moito por percorrer.

Data: Sábado 23 de Setembro
Lugar: Pavillón Vila de Noia

O partido dará comezo ás 17:45h (recoméndase estar cambiado ás 17:30) e ao término do mesmo, poderemos desfrutar do debut en liga do equipo senior masculino de 1ª Nacional cun flamante derbi contra o Sweepend Culleredo.

Inscrición Partido das Lendas 40 aniversario

Non faltes!