Xornada alevín de BM 7 o pasado sábado en Carballo

O pasado sábado 17, os dous equipos de BM 7 de Escolas Balonmán Xiria, disputaban os seus partidos no pavillón do CEIP Fogar. Os dous equipos facíano fronte a rivais de gran nivel, o Xiria A contra o BM. Artabro, lider da clasificación ata o momento e o Xiria B contra o BM. Culleredo, un conxunto cunha antropometría e unha potencia física digna de destacar. A xornada en cuestión, saíu redonda e os dous equipos de Carballo impuxéronse por un 6-2 aos seus rivais, demostrando unha actitude e un nivel de xogo sobresaintes ante a superioridade física dos seus rivais. O xogo sen balón e a anticipación defensiva, así como a marcaxe ao opoñente e a intencionalidade na interceptación do balón máis a desposesión ante bote, foron factores craves no devir de ambas as confrontacións e conceptos que están a mellorar dunha maneira importante nas últimas semanas. En definitiva, dous resultados positivos que fan posible que os alevíns de Xiria afronten o parón do Nadal con felicidade engadida e inmellorables sensacións.

Xiria A – BM. Artabro: 6-2

1º Tempo: 5-4.       2º Tempo: 0-2.       3º Tempo: 4-1.       4º Tempo: 4-2

Xogadores: Alex Vázquez (p), Erik Vázquez (1), Oscar Tasende, Miguel Cambón, Alex Tato, Manuel Rey, Pedro Porteiro, Manuel García (1), Angel Viña (7), Manuel Muñoz (2), Miguel Pérez (1), Samuel Veiga (1).

 

Xiria B – BM. Culleredo: 6-2

1º Tempo: 0-4.       2º Tempo: 6-0.       3º Tempo: 4-2.       4º Tempo: 2-1

Xogadores: Mateo Pallas (p), Hugo García (2), Marcos Amarelle (2), Alberto Rodríguez, Lucas Amado, Álvaro Vila, Manuel Pérez (1), Pablo Veiga (5), Nicolás García, Xurxo Fraga, Samuel Regueira (2), Angel Villar.