Abultada derrota do HVU Xiria
Visitaba Carballo o BM Cangas, un dos claros favoritos ó título, e cumpriu coas expectativas nun encontro dominado de principio a fin. Tralas boas sensacións de semana a pasada, as…

Visitaba Carballo o BM Cangas, un dos claros favoritos ó título, e cumpriu coas expectativas nun encontro dominado de principio a fin.
Tralas boas sensacións de semana a pasada, as nosas non conseguiron atoparse cómodas en case ningún momento do encontro. A intensidade defensiva canguesa provocaba moitos erros no noso ataque e a velocidade dos contrataaques permitía goles fáciles e a distancia no marcador foi moi alta dende os primeiros compases.
As nosas melloraron na segunda metade, cun xogo máis alegre e minimizando as perdas, pero non foron quen de diminuir a distancia no marcador. A maior rotación visitante e a fatiga acumulada das nosas fixo mella e resultado final se foi ata o 30-42. A nota positiva e a integración de todas as nosas cadetes que ós poucos van collendo máis confianza e a súa aportación e mellora cada semana e maior.
Esta semana o HVU Xiria ten unha longa viaxe para xogar diante do Mecalia At. Guardés.


