COMEZO DAS COMPETICIÓNS DE BALONMÁN 5 PARA OS NOSOS EQUIPOS ALEVINS E BENXAMINS

Logo de comezar xa a competir os equipos alevíns a pasada fin de semana na liga de  balonmán 7 tocou dar paso a competición de balonmán 5 para as categorías alevíns e benxamíns que estaba prevista para dar comezo no fin de semana pero que co motivo da ponte, adiantouse para o mércores.

Así en Carballo no pabillón CEIP Fogar tiveron lugar os seguintes encontros:

Na categoría benxamín dou comezo as 17:30 o encontro entre o 7 Metros Xiria masculino contra o equipo feminino Óptica Auris Xiria, onde o resultado foi:

7 Metros Xiria – Óptica Auris Xiria: 9-7 (3-1 / 1-3 / 2-2 / 3-1)

Logo deste partido as 18:15 tocáballe o turno o TLM Xiria contra o Aislamientos San Juan Xiria:

TLM Xiria – Aislamientos San Juan Xiria: 11-5 (3-1 / 3-1 / 3-1 / 2-2)

Na categoría alevín comezaron as 17:30 as rapazas do Laber Xiria contra o Garaysa Xiria:

Laber Xiria – Garaysa Xiria: 11-5 (2-2 / 3-1 / 3-1 / 3-1)

E para rematar as 18:15 as nenas do Grupo Lemaco Xiria xogaron contra os nenos do Telepizza Carballo Xiria:

Grupo Lemaco Xiria – Telepizza Carballo Xiria: 4-12 (1-3 / 1-3 / 1-3 / 1-3).

Os que sí se tiveron que desplazar foron os nenos alevíns do Lista Xiria Bm. 5 M que disputaron o seu encontro en Zas as 19:00 contra o Club Deportivo Concello Zas:

Club Deportivo Concello Zas – Lista Xiria Bm.5 M: 7-9 (2-2 / 1-3 / 1-3 / 3-1).

 

 

Un pensamiento sobre “COMEZO DAS COMPETICIÓNS DE BALONMÁN 5 PARA OS NOSOS EQUIPOS ALEVINS E BENXAMINS”

Los comentarios están cerrados.