O Grupo Lemaco viaxou ata Salceda de Caselas onde nos intres previos ó encontro se rendiu unha homenaxe para o equipo local co tradicional pasillo das campioas, ó flamante gañador da Liga Prata, o Bm. Caselas.
A homenaxe das carballesas terminou ahí, porque despois plantou batalla de principio a fin, nun encontro moi disputado, onde exixiron ás pontevedresas sacar a súa mellor versión. Soamente catro minutos fatídicos no que a exclusións se refire permitiu estirar o marcador a unha diferencia de cinco goles ás locais, que as verdes non poderían voltear no tempo restante.


