Dobre xornada gañadora para o Metalúrgica BB Xiria

O Metalúrgica BB Xiria disputou unha dobre xornada de BM7 esta pasada fin de semana.

Por unha banda xogaría o Venres ás 17:00 h no CEIP Fogar co CP. Lucense en partido aprazado no seu día con motivo do entroido e por outra, viaxaría ata Coruña o Sábado para enfrontarse ao OAR no pavillón de San Francisco.

A pesar das dúas vitorias, os nenos do metalúrgica BB Xiria seguen a mostrarse faltos de caracter competitivo, adoecendo de falta de intensidade nas diferentes fases do xogo. Foi por este motivo que cedeu un punto no partido do Venres e dous no do Sábado, ante rivais inferiores en canto ás capacidades físicas.

Principalmente, o equipo mostrouse debil en tarefas defensivas, onde non asumiron a iniciativa para roubar o balón ante xogadores que non atacaban. As perdidas de balón e os excesivos lanzamentos fallados ante o porteiro rival, foron outros dos puntos negativos destes dous encontros.

Metalúrgica BB Xiria vs CP Lucense: 7-1 (4-2 / 7-6 / 6-6 / 9-2

OAR VS Metalúrgica BB Xiria: 2-6 (1-4 / 3-6 / 5-4 / 4-10)

Polo Metalúrgica bb Xiria xogaron:

Henrique, Nicolás Cancela, Andrés, Maxi, Dani, Diego Mourelle, Marcos Suárez, Antón (p), Diego Barbeira, Álvaro Gómez, Álvaro García, Brais, Marcos Varela e Aday. No encontro ante o Lucense non xogaría Henrique e ante OAR non viaxaría Aday.