O Calvo Xiria completa un partido serio e vence con autoridade

Era unha partido trampa o que disputaba o Calvo Xiria o pasado sábado no Grove. O Rasoeiro, que viña de poñer en aprietos a semana pasada en Lalín, esgotaba a súa última bala para permanecer na categoría e iso facíao un rival especialmente perigoso.

Os de Carballo, que se están xogando o todo polo todo en cada envite, non querían sorpresas e non especularon, nin coa aliñación moi reconocible coa maioría dos xogadores habituais, nin coa intensidade exposta por estes desde os inicios.

Así foi entón como se empezaron a fraguar as primeiras vantaxes, cunha defensa adoitada e contundente e marcando distancias no contraataque. O partido quedaba visto para sentenza coa abafadora superioridade dos de Carballo e o 6-19 do primeiros trinta minutos, que iría en aumento ata o 11-35 final.

Con esta vitoria, ao Calvo Xiria quedan dous finais para lograr o billete a unha nova fase de ascenso. O próximo partido será despois do parón de Semana Santa no Vila De Noia fronte ao Bueu.

Calmear Rasoeiro: 11 (6+5). Diego Fez, Omar (5), Pabl oGarrido, Bruno (2), Sergio (2), José Arnulfo (1), Borja (1), Adrián, Aaron, Ignacio, Adrián, Eduardo, Daniel.

Calvo Xiria: 35 (19+16). Iago (p), Antonio (p), Carlos Vilanova, Gabriel, Cuco, Julián (4), Fran (4), Pablo (3), Chimpo (5), Carlos García (6), Enrique (7), Manuel (1), Jorge (4), Calvete (1), Amarelle.

Parciais: 1-3 / 3-7 / 3-10 / 3-11 / 4-16 / 6-19/Descanso/ 6-20 /7-23 /9-26 / 10-29 / 11-32 / 11-35.

Colexiados: Oscar Gutierrez e Jorge Monjo. Sen complicacións.

Incidencias: Antepenúltima xornada da liga de 1ª nacional. Encontro disputado no Pav. Monte da Vila do Grove ante douscentos seareiros.