O comezo do partido en Coruña ante o Brigantium estivo marcado por unha alta efectividade de cara a portería polas locais, que non precisaban moito ángulo para facer gol dende os extremos. Pequenos erros en ataque facían difícil manter o pulso a un partido con un incesante intercambio de goles.
O grupo Lemaco optou por solicitar un tempo morto para modificar a defensa de 5:1 a 6:0, facer trocos e cambiar a dinámica do partido. Os efectos foron inmediatos, xa que o Xiria encaixou tantos goles nos primeiros quince minutos coma nos seguintes 45. A intensa defensa con saídas pouco profundas interrompía o xogo das locais pero non ofrecía espacios claros para chegar á liña, permitindo numerosas oportunidades de contraataque que o Grupo Lemaco todavía non aproveitaba. A chegada ó descanso con cinco tantos de diferenza deixaba unha sensación de máis calma no banco verde.
Na volta á pista continuou o traballo defensivo pero agora as xogadoras tiñan posto o foco na saída a contraataque, que aportaba numerosos goles sinxelos e poñía distancia no electrónico. Non foi ata os derradeiros minutos cando Sara volveu facer acto de presenza e retomou o protagonismo goleador das locais dende extremo cerrado, logrando 14 tantos de 16 lanzamentos e deixando unha diferenza de (24-41) nun partido con reparto de goles para pechar a tempada do Grupo Lemaco A.