Magnífico partido do Hierros Varela Urbieta ante o Rasoeiro BM

Na cuarta xornada de Liga de Ouro xuvenil feminina as nosas chegaban coa ilusión de facer un bo partido para non descolgarse da parte alta.

Así sucedeu. Nunha fría mañá no Vila de Noia, o bo traballo das últimas semanas reflexouse nun encontro moi coral onde todo equipo foi protagonista. Dende o comezo o Xiria amosouse superior, pero tras un tempo morto visitante, o equipo colleu folgos a acadou un parcial 10-0, para chegar ó descanso con marcador de 24-10. A tónica na segunda parte foi a mesma, a distancia no marcador non deixaba de medrar e as nosas desfrutaron ata o final do partido. 

Reparto de minutos entre todas as xogadoras, bo xogo e moita ilusión de cara ó próximo encontro que volverá ser na casa ante o BM. Carballal.