Nova victoria do Grupo Lemaco cadete en Lavadores(28-38)

Nova victoria do Grupo Lemaco cadete en Lavadores(28-38)

O Grupo Lemaco sumou unha nova victoria na súa visita a Lavadores(Vigo) nun encontro que levou controlado durante todo o xogo. No inicio, a boa defensa carballesa permitía roubar bolas e encontrar a rede das viguesas, obligando o equipo local a asumir o primeiro tempo morto do encontro(1-4, minuto 5). Nas rotacións o equipo foi quen de manter o ton defensivo a pesar de baixar a eficacia no lanzamento para mandar ás verdes cunha diferencia cómoda de 6 goles ós vestiarios(12-18).

Na segunda metade, as locais plantexaron unha variante no ataque, retirando o pivote da liña e sacando a unha cuarta primeira liña, situación que descolocou ó equipo carballés por momentos. As verdes baixaron a defensa a 5-1 para ter un pouco máis de consistencia, o que lles levou a pechar o encontro ante un batallador UB Lavadores.(28-38)

A vindeira semana recibirán na casa ó Bm. Cañiza na mañá do sábado a partir das 11.30h