O Grupo Lemaco A vence pola mínima en Cangas

O Grupo Lemaco A vence pola mínima en Cangas

O Grupo Lemaco A acadou unha importantísima victoria na súa visita ó Tecnosat Cangas, que marchaba segundo na Liga Ouro, e con quen ve aumentada a distancia a tres puntos e co gol average a favor. As cadetes carballesas foron sempre por diante aínda que nunca con amplas vantaxes, onde o traballo defensivo superaba ós ataques. Os guarismos anotadores non foron moi elevados(10-11 ó descanso).

Na reanudación, as carballesas mostráronse máis conxuntadas e a partir de unha boa defensa, conseguiron encontrar as contras que permitiron abrir distancias de ata cinco goles(14-19). Co tempo morto, as carballesas sufriron unha pequena desconexión que propiciou o empate no electrónico das de Cangas. As do Morrazo dispuxeron dunha última posesión, pero non foron quen de atopar o arco carballés.

Con esta victoria as de Zarra recibirán nun encontro importante este próximo domingo o segundo clasificado, a SAR de Redondela na mañá do domingo no Fogar