O Grupo Lemaco B caeu ante Sanxenxo na segunda fase

O Grupo Lemaco B caeu ante Sanxenxo na segunda fase

O Grupo Lemaco B estreou a segunda fase da Liga Prata con derrota na casa, ante o Bm. Sanxenxo, nun encontro onde a defensa local non funcionou na primeira metade, e sobre todo dun equipo queque xogou ben no ataque posicional pero se mostrou moi errático de cara a porta rival, fallando ata máis de 20 lanzamentos durante o encontro. Sendo asi, o apartado defensivo no segundo tempo cobraba se cabe moita importancia, pero as carballesas non terminaron de encontrar as sensacións  e que propiciou que os dous puntos viaxaran para Sanxenxo.
 
Na vindeira semana as carballesas visitarán o Bm. Caselas na tarde do sabado