O Grupo Lemaco se afianza no liderato de Ouro

O Grupo Lemaco se afianza no liderato de Ouro

O Grupo Lemaco A triunfou na mañá do domingo ante o segundo clasificado, a Sar de Redondela despois dun encontro con alternativas e un ambiente na grada excepcional.
As carballesas comenzaron cunha defensa dubitativa ante a fortaleza das redondelás no un contra un, onde sacaban vantaxes que eran aproveitadas moi ben polas extremos visitantes. Nese primeiro acto as pontevedresas lograban marcharse no descanso por diante. Pero as cousas trocaron co cambio de lado, onde as do Xiria conseguiron cambiar a dinámica, cunha defensa moi aguerrida e unha actuación sobresaliente da guardarredes carballesa.
 
As do Xiria despois de esta victoria reafirman o liderato na Liga Ouro a falta de catro xornadas para rematar a liga regular.
 
A vindeira semana visitará a cancha do forte filial do At. Guardés na mañá do sábado