O Grupo Lemaco B non pode ca intensidade do Bm. Sanxenxo

O Grupo Lemaco B non pode ca intensidade do Bm. Sanxenxo

O mal primeiro tempo do Grupo Lemaco B non lle permitiu disputar polos puntos no seu desprazamento da xornada a terras pontevedresas. A pesar que no ataque se mostraron moi correctas, conseguindo claras situacións no lanzamento, a defensa resultou un lastre ante un Bm. Sanxenxo que non tivo que facer grandes alardes tácticos, e que o seu xogo na procura dos uns contra uns foi suficiente para desarbolar unha defensa que non existiu no primeiro periodo, encaixando 18 goles. No segundo tempo as tornas cambiaron, a defensa carballesa subiu a súa intensidade, e incluso mellorou as prestacións en ataque, o que lle fixo vencer o segundo periodo, pero os nove goles de diferencia no primeiro acto foron insalvables para as de Zarra.

A vindeira semana recibirán ó Bm. Cañiza en partido aprazado da xornada anterior