Vitoria do Montaxes Carballo fronte ao Valinox Novás

Os de Carballo disputaban este sábado un partido moi importante, pois nestes momentos da tempada todos os partidos pasan a ter máis relevancia e cada punto sumado ten moito valor. Enfrontábanse ao Novás que a pesar dos poucos puntos conseguidos e un equipo co que xa nos vimos as caras en dúas ocasións este ano e sempre se amosan combativos

MONTAXES CARBALLO 38 – VALINOX NOVÁS 35

O partido comezaba co equipo carballés algo frío, con algún desaxuste pouco habitual na defensa e errado de cara á portería. Co paso dos minutos o equipo carballés conseguía distanciarse no marcador, con todo, a sensación non era de superioridade senón que aproveitou determinados erros do rival. Así con un Montaxes con altos e baixos chegouse ao descanso con unha ventaxa de 3 goles a prol dos de carballo.

Na segunda metade o equipo carballés non conseguiu frenar os puntos fortes do ataque dos do Rosal e isto facía que encaixara goles con demasiada facilidade. A segunda metade estivo marcada pola superioridade dos ataques fronte ás defensas. Os carballeses mantiveron a ventaxa ata o final a pesar de non amosar a súa mellor imaxen. Neste partido os carballeses non estiveron ao seu mellor nivel defensivo nin no lanzamento. A pesar de todo, a estas alturas da tempada cada punto sumado é moi importante.