O Hierros Varela Urbieta logra sacar un punto da visita do BM Brigantium

O sábado pola mañá as rapazas do Hierros Varela Urbieta recibiron ó BM Brigantium nun encontro no que tiveron que remontar en varias ocasións o marcador adverso e onde chegaron a dispór da última posesión do encontro para gañar o partido.

O encontro comezaba co equipo rival dominando tanto no xogo coma no marcador, pero tras un precoz tempo morto o Xiria reaccionaba rápido conseguindo o empate a 7 no intermedio do minuto 15. Trala reanudación, as pérdidas das carballesas propiciaron rápidas accións do conxunto coruñés que conseguía ó descanso unha vantaxe de 3 goles no marcador (13-10).

Na segunda metade, tras un comezo no que o Xiria non conseguía entrar no partido, e cun cambio de defensa á 6:0 conseguiu conter o ataque rival, pero as imprecisións no contraataque local impediron que as rapazas do Hierros Varela Urbieta aumentasen a distancia no electrónico.

Entretido partido no que, por primeira vez nesta tempada, o Xiria puido contar con todas as xogadoras e no que as dúas porteiras, Elena e Lucía, tiveron unha moi boa actuación.

HIERROS VARELA URBIETA (10+10): Elena Collazo (p), Lucía Lema (p), Nina Pereira 3, Nerea Varela 4, Valeria Figueroa 2, Nerea Pose 1, Marta Gómez 4, Lara Hernández, Natalia Cancela, Lara Otero 4, Lara Souto, María Patiño 1, Alba García, Duna Barca 1, Stefania Landri.

BM Bigantium (13+7): Marina de Alfonso, Irene Pacheco, Marta Franco, Eva Martínez, Laura Rodríguez 1,Martina Regueiro, Lucía Rodríguez 3, Iria Li Río, Natalia Méndez, Sara Fuenrtes, Celia Fuentes 9, Yaiza Cillero 4, Britnney Altagracia, Victoria Gómez 3, Natalia Martínez