O Punta del Este Xiria vence na súa visita a Lugo

CP Lucense 19 – 24 Punta del Este Xiria

Primeiro partido fora da casa para as xogadoras do Punta del Este Xiria, que conseguiron traer os 2 puntos nun encontro moi igualado.

Comezaba a primeira metade co conxunto lucense dominado no marcador, moito máis asentado no encontro e poñendo en serias dificultades as carballesas. Os contiuos desaxustes defensivos das visitantes eran aproveitados polo equipo local, que chegaba con moita facilidade a lanzar dende os 6 metros. Ainda así, as carballesas conseguían manterse no encontro co seu acerto no ataque posicional, para chegar ao descanso con un marcador de 13-12.

Na segunda metade, as carballesas axustaron a súa defensa e conseguiron roubar varios balóns para saír a contra e distanciarse no marcador. A falta de cambios do equipo local non lles permitiu reaccionar e as do Punta del Este trouxeron finalmente os 2 puntos para terras bergantiñás. 

Na próxima xornada, os dous equipos volven a enfrontarse, desta volta en Carballo, no que se prevé un partido de moita igualdade.

CP Lucense (13+6): María López (1), Carla Bouza (1), Nahomy Eunice (7), Iria María Amedo (8), Nuria Díaz (1), Ada Barreiro, Aya Aferdad (1).

Punta del Este Xiria (12+12): Lucía Andrade (P), Carla Bello (P), María Porteiro (P), Elena González, Sara Rial (4), Clara Graña, Nerea Figueiras (2), Sara Méndez (4), Leticia Santos (5), Carla Martínez (5), Andrea López (2), Nerea Varela (2).