O Hierros Varela Urbieta non ofrece resistencia ante o BM. Cangas

O Hierros Varela Urbieta da División De Honra cadete feminina, deixou escapar unha oportunidade única de competir contra un dos mellores equipos da categoría, o BM. Cangas Tapería Dous Chata.

O conxunto de Carballo, adoeceu novamente do carácter competitivo adecuado para afrontar un encontro, mostrándose indolente nas diferentes fases do xogo e cunha intensidade moi baixa que facilitou moito as cousas ao conxunto do Morrazo. O Hierros Varela Urbieta, tratou de ti a ti ao seu rival ata pasado o meridiano do primeiro acto, demostrando que cun pouco de intensidade e ambición, o equipo pode ofrecer batalla a moitos conxuntos da categoría.

As posibilidades das carballesas foron menguando co paso dos minutos, incapaces de manter unha regularidade e consistencia no xogo e, o que é máis importante, no apartado mental. Aínda sen mostrar un gran xogo, pero despois de manter a igualdade ou proximidade no electrónico ata os instantes finais do primeiro tempo, as de Xiria encaixarían un avultado parcial nos últimos minutos para irse ao descanso cunha desvantaxe xa difícil de levantar (15-23).

No segundo acto, viuse un Hierros Varela Urbieta sen alma nin espírito de loita, entregado a un rival que aproveitaba os continuos erros para aumentar de forma plácida a súa vantaxe e conseguir unha vitoria contundente e por tanto os dous puntos en xogo.

Hierros Varela Urbieta: 28 (15+13). Lucía Lema (p), Elena Collazo (p), Valeria Santos (3), María Patiño (5), Nerea Varela (5), Stefanía Landri, Lucía España (2), Anna Mª Hernández (5), Natalia Cancela (1), Lara Otero (5), Uxía Suárez, Coral Ruibal (2).

BM Cangas Tapería Dos Chata: 44 (23+21). Carla Baltasar, Claudia, Carla Vidal, Elda Buela, Mar Guimeráns, Noa Iglesias, Sara González, Yaiza Gil, Laura Martínez .

Incidencias: Encontro correspondente a 11ª xornada da 2ª volta na categoría DH Cadete Feminina disputado no pavillón Vila De Noia o pasado sábado. Cerca de cincoenta persoas que puideron ver o bo partido das rapazas do Hierros Varela Urbieta.