O Hierros Varela Urbieta Xiria comeza a competición gañando

Este pasado sábado ás 12:00 horas tivo lugar no Vila de Noia o primeiro encontro das carballesas na 2ª división cadete feminina.

O partido presentábase igualado e así se viu no terreo de xogo durante os 60 minutos.

Na primeira metade ambos equipos intentaron fixar a súa defensa e coller ritmo de balón en ataque. O nerviosismo por ser o primeiro partido impedían que ambos equipos poideran mostrar a súa mellor versión.

Chegouse ó descanso cun 15-11 no marcador.

Na segunda metade, os dous equipos comezaron a mostrarse máis firmes. O Bm. Camariñas apretaba o marcador e nos primeiros intres as xiareiras non eran capaces de romper esa boa racha camariñana. O bó traballo defensivo das de Carballo, cunha gran porcentaxe de paradas na portería, permitiron nos últimos 15 minutos correr os contrataques que ampliaron a diferenza e deixaron os dous puntos en Carballo cun marcador final de 30-23.

 

Na seguinte xornada o Hierros Varela Urbieta enfróntase ó Bm Xallas o sábado 6 de outubro ás 18:00 no Pavillón de Fontenla (Santa Comba).