O Grupo Lemaco perde en Pontevedra nunha mala primeira metade

Outro partido complicado para os do Grupo Lemaco Xiria; nunha liga moi igualada, onde os pequenos detalles marcarán as diferenzas entre uns equipos e outros.
Desta volta, enfrontábase ao Teucro no municipal de Pontevedra. O partido saldaríase con derrota carballesa, cunha primeira metade con demasiadas perdas de balón e unha defensa moi frouxa, onde nin o sistema 6:0, nin o 5:1 lograraron frear o ataque local.
Terminaba a primeira metade cun marcador moi desfavorable de 21 a 14.
Sentoulles ben o descanso aos do Grupo Lemaco, cunha defensa moita máis activa conseguía recortar diferenzas aos poucos. Situábase a dous goles; pero cando estaba a piques de remontar dous fallos seguidos de lanzamento en contraataque e o desgaste acumulado pola remontada tiraban ao traste o sacrificio e o esforzo da segunda parte.
Ao final 34 a 31; que deixa os puntos en Pontevedra. A próxima semana viaxa a Vigo a enfrontarse ao Academia Octavio.

 

Incidencias: Partido disputado no pavillón municipal de Pontevedra ante un centear de seareiros. Colexiados: Catarina Adao e Christian García; excesivamente caseros. 7 metros: S.D. Teucro 7/7 // Grupo Lemaco Xiria 1/1

SD TEUCRO HOTEL RÍAS BAIXAS 34 ( 21 + 13 ): Adrián Torres, David Chan (1), Enrique Fernández, Juan Castro (4), Álvaro Castro (5), Diego Leal (2), Esteban Carballido (8), Lois García, Marlon Barco (5), Oscar Paredes, Sergio Blond (4), Martín González(1), Sergio Cortizo, Vicente Domínguez (4).

GRUPO LEMACO XIRIA 31 ( 14 + 17 ): Pedro Pena [p], Darío Calviño [p], Esteban Puñal (1), Martín Fuentes, Mario Cancela (9), Daniel Mallo (11), Álex Puñal (4), Áaron Rodríguez (1), Antonio Calvelo (1), Pablo Esmoris, Javier Rodríguez, Carlos Varela (1), Fernando Mallo (1), Julián García, Diego Antelo (2).