Partidazo o que se puido ver no Vila de Noia entre as xuvenís do Xiria e do Atlético Guardés, quenes fixeron vibrar ao público ata os últimos minutos, momento no que as visitantes decantarían a balanza para o seu lado.
Hierros Varela Urbieta Xiria 21 – 24 Mecalia Atlético Guardés
Hierros Varela Urbieta Xiria (13+8): Lucía Lema (p), Elena Collazo (p), Valeria Figueroa, María Patiño, Nerea Varela Vila, Nina Pereira, Natalia Cancela, Leticia Santos, Duna Barca, Nerea Varela Balsa, Lara Otero, Marta Gómez, Alba García, Nerea Pose e Lara Souto.
Mecalia Atlético Guardés (10+13): Carolina González (p), Marian Mera (p), Alba Álvarez, María González, María Baz, Sabela Pérez, Iria Pérez, Mara Alonso, Ainara Goyas, Noelia Martínez, Aroa Fernández, Yaiza Alonso e Sara Lomba.
Marcador cada 5 minutos: 3-2; 5-4; 6-6; 7-8; 10-9; 13-10 (descanso); 14-12; 14-14; 16-16; 19-19; 21-21; 21-24.
Árbitros: Ángel Mateos Alonso e Martina Regueiro Insua; e Leticia Álvarez Campos e Paula Calvete Cotelo como cronometradoras; todos do colexio galego.
Incidencias: Partido correspondente á segunda xornada da Copa Galicia Xuvenil Feminina disputado no Pavillón Municipal Vila de Noia (Carballo) ante uns 50 espectadores.
No tramo inicial, o encontro estivo marcado polas numerosas imprecisións de ambos conxuntos, o que provocou tanto a carballesas como a guardesas lle custase ter continuidade nos seus ataques debido a gran cantidade de perdas dun e outro equipo.
Esa tónica sucedeuse durante practicamente os primeiros trinta minutos, pero aínda así os goles non cesaban, aínda que as boas actuacións de Elena Collazo por parte do Hierros Varela Urbieta Xiria e de Carolina González polo Mecalia Atlético Guardés, facían que o marcador non se disparase.
Pero o encontro cambiaría nos minutos finais desta primeira parte, xa que o conxunto local daría un paso á fronte tanto defensiva como ofensivamente e iso fixo que o Xiria se fose ao tempo de lecer cunha vantaxe de tres goles.
O paso por vestiarios fíxolle moito ben a un Mecalia Atlético Guardés que se meteu de novo no partido, logrando igualar a contenda, unha igualdade que se mantería no marcador prácticamente ao longo de toda a segunda metade.
Pero nos minutos finais, un maior acerto das visitantes na faceta ofensiva fixo caer o encontro do seu lado, nunha mañá na que quizais o balonmán foi un tanto inxusto coas rapazas de Manu López, logo do esforzo e do gran traballo feito.