O HVU a piques de acadar a vitoria ante o campión de liga

Chegaba o Balonmán Porriño á pisto do CEIP Fogar para a desputa dos cuartos de final de Copa Sponsor. Sen claro dominador do encontro, o desgaste da tempada víase reflexado en continuos erros dende o comezo no ataque posicional de ambos equipos.  Ningún equipo era capaz de acadar rendas no marcador máis alá dos dous goles e as rápidas accións de contraataque imprimían moito ritmo ó encontro. 

Co empate ó descanso (16-16), grazas a un gol de Marta co tempo cumprido, e todo por decidir na segunda metada, as defensas prácticamente desapareceron na reanudación. Un Porriño moito máis sólido no ataque posicional atopaba situacións sinxelas de finalización, mentres que as carballesas fixeron do contragol o pilar ó que aferrarse. 

No tramo final, o Xiria non soubo apreveitar ata unha vantaxe de catro goles. A eficacia das porriñesas e a fatiga das nosas, levaba o encontro ata 36-36 a falta duns segundos. Un magnífico gol de Lucía Álvarez dende o extremo decantaba o partido a prol das visitantes.

Encontro moi entretido o vivido en Carballo que serve de peche da tempada para o Hierros Varela Urbieta Xiria e que amosa, unha vez máis, a progresión da todas as xogadoras dende o comezo alá polo mes de agosto.