Outra nova vitoria do Nordata Xiria ante a SAR

NORDATA XIRIA 28 – 19 SAR RODAVIGO 

Xogábase en Carballo a segunda xornada da Copa Federación, na que as do Nordata quixeron demostrar do que son capaces unha vez máis. A pesares de chegar dun primeiro partido de Copa moi malo, quixeron dar un golpe na mesa e repoñerse da dura derrota da semana pasada. E que mellor forma que sobresaíndo cun ataque no que o balón corría de lado a lado e cunha defensa 6:0 case impenetrable.

A primeira metade rematou 13-9 a favor das de Carballo despois dun bo traballo durante os 25 minutos, pero para as do Nordata non era suficiente e fixeron unha segunda metade aínda mellor ca a primeira, non deixándolle á SAR nin un segundo de alento. As xogadoras movían o balón en ataque con tanta facilidade que lles permitía atopar ocos na maior parte dos ataques. Por outra banda, na defensa estaban a pechar o centro e interromper o xogo das rivais, sumado aos roubos de balón que permitían correr contraataques para irse no marcador ata 10 tantos por enriba. 

Importante vitoria contra a SAR Rodavigo para acercar ao Nordata Xiria aos primeiros postos deste grupo da Copa Federación. 

Nordata Xiria: Ana Velo, Sara Trigo, Lucía Castiñeiras (3), Natalia Varela (6), Mara Vidal (3), Inés Cabeza, Zaira Longueira, Aroa Lista (4), Eva Vidal (2), Sara Pallas (7), Alba Mourelle (2), Sofía España (1).