O Sénior B viaxaba a Vigo para enfrontarse ao Lavadores B, equipo que seguía de cerca aos carballeses e, de perder o partido ocuparía a sétima praza que tiña no poder o equipo carballés. Tendo en conta para o ano que ven se pode crear a terceira autonómica o obxetivo era situarse na posición máis añta posible.
LAVADORES B 23- XIRIA B 23
O partido estivo marcado polo ritmo que lle impartían os dous equipos ao xogo e pola igualdade. Dende o inicio os dous equipos procuraban mover a pelota a un bo ritmo pero as defensas e as porterías estaban acertadas e isto facía que os tanteador estivese igualado. Con todo os carballeses conseguía marcharse lixeiramente no marcador chegando ao descanso con 11-16.
Á volta dos vestiarios os carballeses sairon con erros incomprensibles e perdas de balón que non estaban a ter facendo que o equipo vigués se metera de cheo no partido, chegando ata igualar o electrónico. A partir de ese momento reinou a igualdade no partido chegando con emoción aos intres finais do mesmo. O final os dous equipos empatan facerecendo isto ao equipo carballés que remata a tempada en sétima posición.
Meritoria esta sétima posición debido a xuventude de este equipo que foi de menos a máis e despois de todos os atrancos que se atoparon nesta tempada.