Seguros Sueiro suma e se mantén na parte alta da clasificación

Despois de dúas derrotas consecutivas ante os que se perfilan como os rivais fortes da competición, o Seguros Sueiro logra outra cómoda vitoria ante o U.B. Lavadores Vigo, axudadas por unha contundente saída á pista que obrigou ás visitantes a solicitar tempo morto no 3:30 por encaixar un parcial de 5-0. As viguesas comezaron a buscar máis lanzamento exterior tras xogo colectivo, permitindo chegar a mellores situacións, pero de pouco serviu ante o acerto do conxunto local, que seguía dobrando no marcador ás rivais ata o (19-8) do descanso.

O cambio a 5:1 de Lavadores aportou un novo aire na defensa e conseguiu provocar dúbidas no Xiria e perdas de balón, mentres que a  disminución da intensidade defensiva das locais permitiu chegar con maior facilidade á liña de seis metros. O encontro mantivo as distancias ata os intres finais, que deron a vitoria ó Xiria (36-26).

Agora tres puntos separan ó Seguros Sueiro do seguinte na clasificación e ten unha semana de parón na competición para afrontar o encontro na Guarda, nunha das xornadas clave da tempada.

Seguros Sueiro Xiria 36 – U.B. Lavadores Vigo 26

Árbitros: Renzo Martín e José Henrique Folgoso