O Calvo Xiria levase unha emocionante vitoria ante o Disiclin Bm Lalín

Dous equipos que nos teñen afeitos ao espectáculo cando se enfrontan entre se; e este sábado non foi para menos, nun Vila de Noia, totalmente entregado, e que ten gran parte de culpa no éxito cultivado.

O inicio do choque arrincaba con mínima vantaxe para o Calvo Xiria, que duraría ata o minuto 15 da primeira metade, onde a rotación do Lalín, dando entrada a Pedreira, Losón e Ramón volteaban o marcador con máis dous de diferenza para o Lalín e co que nos iriamos ao descanso.

Brutal comezo da segunda parte; para o Calvo Xiria, que pesar de empezar 43 segundos cun xogador menos, endosaba un parcial de 4-0, que facía pedir a Pablo Cacheda o seu segundo tempo morto.

O intercambio de golpes era constante, nun recital ofensivo de ambos conxuntos, que comandaban Chimpo por parte local, e Duarte Batán por parte visitante.

Chegábase aos últimos minutos con máxima igualdade, a xestión das desigualdades numéricas ía ser fundamental, xa que Lalín sufría a súa última exclusión no 56:32 e o Calvo Xiria no 57:44. A falta 40 segundos e con 36 a 36, Gabriel Castiñeiras daba vantaxe aos de Carballo; atacando en igualdade, xogando sen porteiro. Miguel García poñía a replica para o Bm Lalín atacando en superioridade. E no último ataque; Chimpo asistiu a Julián García que marcou o gol da vitoria desde o extremo esquerdo; para deleite dunha afección que unha semana máis estivo inconmensurable.

Calvo Xiria 38 – Disiclin Balonmán Lalín 37

Calvo Xiria (16+22): Darío Calviño (p), Alejandro Vázquez (p), Aarón Rodríguez (1), Gabriel Castiñeiras (6), Julián García (2), Chimpo Rodríguez (15), Samuel Veiga, Daniel Periscal, Diego Antelo (2), Rubén Anes (1), Mario García, Carlos Varela (1), Marcos Amarelle, Mario Cancela (7), Edu Cousillas (3).

Disiclin Balonmán Lalín (18+19): Tomás Villarroel (1), Ramón Gil, Adrián Crespo (2), Martín Losón (2), Miguel García (5), Bruno Fernández, Duarte Batán (14), Miguel López, Román Pedreira (7), Xabier Fernández, Iago González (1), Pedro Toimil (1), Adrián Ferradas (3), Breixo Pereira (1), Víctor Hidalgo.

Árbitros: Alejandro Lozano e Pablo Martínez.

Marcador cada 5 minutos: 2-2, 7-6, 9-7, 11-11, 13-15, 16-18, (descanso), 20-19, 23-20, 26-26, 29-28, 33-32, 38-37 (final).

Incidencias: Partido correspondente a 10ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).