O encontro non comezou nada ben para un conxunto carballés cunha defensa irreconocible. O Tui atopaba portería sen moito esforzo a raíz de 1×1 e lanzamento exterior sen xogo previo. Pola contra, o Xiria cometía innumerables perdas de balón e erros de lanzamento de forma sistemática, provocando precipitación nas accións. O tempo morto de pouco serviu para cambiar a dinámica, que deixaba o partido case sentenciado no minuto 20 co (15-5). Sin embargo, os trocos e novos folgos permitiron un cambio de paradigma nas filas verdes, atopando o pivote e situacións sinxelas de superioridade mediante xogo colectivo, que sumado o ben facer na defensa e portería aumentaban as opcións antes de chegar o descanso (15-9).
Na segunda metade o Suevia seguía facendo un bo traballo ante o lider, pero de novo os erros de lanzamento lastraban o equipo e mantiveron a distanza de 5-6 goles ata o minuto 50, onde as locais volveron a poñer terra de por medio para acadar a máxima vantaxe do partido preto do final (28-17).
Esta semana o Suevia ten xornada de descanso e preparación para encarar a segunda volta ante SAR B en Redondela.
AVATEL TUI 28 – 17 SUEVIA XIRIA


