Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Alevín masculino

Xornada exitosa en alevín BM5

Os conxuntos masculinos de categoría alevín, Telepizza Carballo Xiria, Lista Xiria e Laber Xiria, desprazaronse o pasado Sábado a Santiago para disputar a xornada número catro da competición de BM5.…

Os conxuntos masculinos de categoría alevín, Telepizza Carballo Xiria, Lista Xiria e Laber Xiria, desprazaronse o pasado Sábado a Santiago para disputar a xornada número catro da competición de BM5. Os tres conxuntos foron capaces de vencer nos seus respectivos encontros, non sin algunha que outra dificultade que souberon superar.

Os máis madrugadores foron os rapaces do Lista Xiria no seu enfrontamento ante o Concello De Zas. Os de Carballo superaron con solvencia a contenda, impoñendose por 8-0 con marcadores claros na maioría dos tempos (8-2 / 11-3 / 5-4 /13-1). O nivel defensivo amosado polos bergantiñáns foi clave, un bo traballo que deu o seu froito con poucos goles en contra e unha boa suma a favor grazas as recuperacións de balón.

Lista Xiria vs Concello De Zas: 8-0 (8-2 / 11-3 / 5-4 / 13-1)

Polo Lista Xiria xogaron: Dani Marta, Andrés Pedreira, Marcos Varela, Nicolás Mejuto, David Nogareda, Aday Gómez, Henrique Traba e Yago Sande .

A continuación, entraron en liza os compañeiros do Laber Xiria fronte aos locáis do Ribadosar Alca, un bo conxunto que puxo en dificultades a os de Carballo e mesmo foron quen de levarse o segundo tempo con comodidade. Os rapaces de Xiria tiveron serias dificultades para defender no 1×1 a os rapaces deSantiago, con boa explosividade e reactividade nas súas accións.

Laber Xiria vs Ribadosar Alca: 6-2 (13-5 / 4-8 / 11-1 / 9-2)

Polo Laber Xiria xogaron: Nico Cancela, Maxi, Dani Periscal, Brais Suárez, Xano, Lucas Amado, Jorge Rodríguez, Álvaro García.

Por último e cerrando o telón da competición de BM5 no pavillón Quiroga Palacios, xogaron os rapaces do Telepizza Carballo Xiria e os de Muxía. Aínda que os de Carballo conseguiron completar todos os cuartos con vitoria, sufriron moito e dos tres conxuntos de Xiria, foron os que se mostraron con máis altibaixos. Os dous primeiros cuartos foron moi igualados e os de Telepizza tan só puideron superar pola mínima a os muxíans. Os dous últimos tempos foron ben distintos e o traballo defensivo fixo posible unha maior diferencia no marcador.

Telepizza Carballo Xiria vs Muxía: 8-0 (9-8 / 8-7 / 9-6 / 8-0)

Polo Telepizza Carballo Xiria xogaron: Antón Pardiñas, Marcos Suárez, Xabi Fernández, Diego Mourelle, Álvaro Gómez, Diego Pallas, Diego Barbeira.

Máis sobre isto