ASESORÍA SUEIRO XIRIA 39 – TIRSO DE MOLINA 12

16/12/2003 8ª XORNADA

O Asesoría Sueiro Xiria non deixou lugar á sorpresa e dende o primeiro minuto de xogo decantou do seu lado os dous puntos en xogo na mañá do domingo no Pavillón do Bergantiños no partido que o enfrontou ó Tirso de Molina de Ferrol cun resultado final de 39 – 12.

Dende o inicio viuse ben as claras que o partido non ía ter ningún parecido co da primeira volta, no que un mal arranque dos carballeses fixera concibir esperanzas o Tirso. Nesta ocasión a defensa e as contras do Xiria estiveron nun alto nivel e foron os factores que marcaron as diferencias co cadro departamental.

A vindeira xornada o Asesoría Sueiro Xiria enfróntase ó Technovideo Pontedeume, no que se presume unha nova victoria para os carballeses no que será o derradeiro partido de liga do presente ano.

ASESORÍA SUEIRO XIRIA: Enrique, Alejandro ( 6 ), Fernando ( 4 ), Dubra ( 2 ), Queco ( 3 ), Carlos ( 7 ), Chimpo ( 7 ) – equipo inicial – Miguel, Gonzalo ( 1 ), Bruno, Hugo, Pablo ( 5 ), Alberto, Cuco ( 4 ).
TIRSO DE MOLINA: Alejandro, Enrique ( 1 ), Jesús ( 3 ), Pablo, Andrés ( 4 ), Hugo, Iago ( 1 ) –equipo inicial- Alvaro ( 1 ), José ( 1 ), Francisco, Ricardo, Horacio ( 1 ), Eneko.

3-0 / 5-1 / 7-3 / 11-4 / 17-4 / 22-6 / 24-7 / 28-8 / 30-10 / 33-11 / 35-12 / 39-12

O colexiado Sr. Pereira Navaza tivo unha boa actuación.