culleredo- garaysa 2

Bos primeiros minutos do Garaysa feminino

O Garaysa Feminino desprazouse este pasado domingo a Culleredo. As xogadoras Carballesas entraron ao partido moi motivadas, sendo capaces de recuperar balóns desde a defensa e, en ataque conseguindo superar ás defensoras para buscar situacións de lanzamento. Era nesta última fase de ataque, o lanzamento, onde máis atrancadas nos atopabámos, en gran parte debido ao acerto da meta local. Con todo, o Culleredo distanciábase lixeiramente no marcador chegando ao descanso 7-6. Tras a volta dos vestiarios a situación seguía igual, pequenas vantaxes para o equipo local pero co Garaysa realizando un bo traballo. Con todo todo cambiou a partir do minuto 10 da segunda metade, as nosas xogadoras perderon a concentración e os fallos comezaron a sucederse, isto fixo que a distancia no marcador fósese agrandando cada vez máis ata o resultado final 21-9. Con traballo conseguiremos que a concentración se manteña durante todos os minutos que dura o partido.

BM CULLEREDO 21 (7+ 14) Irene Pacheco, Marta Franco (3), Antía Pardo, Paula Carballal (3)Carla Gonende, Lucía Sánchez (6), Ainoha Bodelo, Carlota Rodríguez (7), Aroa Barbeito, Sofía González, María Bescansa

GARAYSA XIRIA 9 (6+3) Lucía Lema [p], Paula Abelenda, Stefanía Landri, Uxía Suárez, María García (2), María Patiño (3), Coral Ruibal (4), Candela Couto , Natalia Cancela, Ana Pombo, Lara Hernández

culleredo-garaysa