Chega a III edición do Carballo Handball Festival

A terceira edición do torneo internacional Carballo Handball Festival xa está aquí e é que tan só quedan tres semanas para o que será unha nova festa do balonmán de base na Semana Santa de 2017. Escolas Balonmán Xiria organiza un ano máis e en colaboración co Concello De Carballo, este evento que edición tras edición atrae á nosa localidade centos de nenos e nenas de temperás idades, acompañados por familiares e técnicos. Este ano promete ser de emocións fortes e é que 645 participantes entre xogadores e entrenadores, estableceranse no noso pobo para gozar durante tres días do deporte do balonmán. Ata catorce clubs, que competirán cun total de 56 equipos nas diferentes categorías (Benxamín, Alevín e infantil masculino e feminino), completarán un ambicioso cartel con moitas entidades foraneas dun amplo historial no panorama nacional e de Portugal. Desde diferentes conxuntos asturianos aos de casa, pasando por Portugal ou Barcelona, mediranse, cun caracter lúdico-deportivo, nos pavillóns Vila De Noia e do CEIP Fogar entre o 13 e o 15 de Abril.

Os clubs participantes serán:

Atl. Novás (O Rosal), BM. Rasoeiro (O Grove), BM. La Calzada, BM. Ribadesella, BM. Lucus (Lugo), BM. Xallas (St. Comba), Associaçao Académica De Sao Mamede (Portugal), Luceros (Cangas Do Morrazo), BM. Cisne (Pontevedra), BM. Rodeiro (Lalín), BM. Oviedo Feminino, Handbol St Joan Despí (Barcelona), Agrupación BM. Gijón Jovellanos e Escolas Balonmán Xiria como organizador.

 

logoxiriaescverde      Logo_ConcelloJPG carballo-deportecarballoaunpaso500px  logo-vector-calvo