Dobre vitoria dos alevíns en BM.7

Os dous conxuntos de balonmán 7 en categoría alevín, conseguiron senllas vitorias nos seus respectivos desprazamentos. Mentres o Xiria B abría a mañá do Sábado enfrontándose no pavillón de Traba ao BM. Xallas (10:30H), o Xiria A facía o propio no municipal de Galán (Arteixo) tendo como rival ao Caterin Imos Arteixo, pero dúas horas máis tarde.

Foron dous encontros ben diferenciados e se os primeiros impoñíanse con autoridade cun 0-8, os segundos, en catro cuartos tremendamente igualados, sufrían para levar a vitoria por un 2-6 con dous tempos gañados e dous empates.

Os xogadores do Xiria B estiveron máis soltos no seu enfrontamento co Xallas e despois dun primeiro cuarto máis espeso, afianzáronse nos seguintes tres cun xogo rápido e unha defensa que foi crecendo a medida que transcorría o tempo. Pola súa banda, o Xiria A nunca atopou ese xogo veloz e tivo moitos problemas en ataque, xa que os seus xogadores, excesivamente estáticos en todas as accións, eran facilmente defendibles por un rival moito máis dinámico e anticipativo. Este feito tamén pasaba factura na retagarda, onde os nenos de Arteixo gañaban as costas aos bergantiñáns en múltiples ocasións. Aínda así, o Xiria A conseguía impoñerse e saír como vencedor do pavillón de Galán grazas ás accións individuais dalgúns dos seus xogadores.

BM Xallas vs Xiria A: 0-8

1º Cuarto: 6-8.     2º Cuarto: 8-14.     3º Cuarto: 7-14.     4º Cuarto: 3-7

Alex Tato (p), Xurxo Fraga (10), Maxi Díaz (2), Angel Villar (2), Pablo Veiga (16), Miguel Cambón (6), Manuel Pérez (7), Antón Pardiñas, Lucas Amado, Diego Barbeira.

Catering Imos Arteixo vs Xiria A: 2-6

1º Cuarto: 3-7.     2º Cuarto: 6-6.     3º Cuarto: 4-5.     4º Cuarto: 5-5

Manuel Muñoz (3), Manuel García, Martín Cousillas, Erik Vázquez (7), Marcos Amarelle (6), Dani Bello (3), Aday Gómez (1), Henrique Traba (2), Álvaro García, Brais Suárez.