Rifas Fase de Ascenso

NUMEROS PREMIADOS EN LA RIFA DE LA FASE
 
256 Smart TV Phillis Full HD 40»
677 Portatil Lenovo B50
392 Cafetera Delongui
900 Juegos videoconsola Play Chapas PSP, Magia Nintendo y Fit Plus Wi
838 Juegos videoconsola Shrek III PSP, Guitar Hero Nintendo y Samba de amigo Wi
 
Podrás solicitar tu premio hasta 15 días a contar después del sorteo (hasta 12 de Junio)

BASES SORTEO RIFAS FASE DE ASCENSO DHP

Escolas Balonmán Xiria, entidade sen ánimo de lucro domiciliada na Rúa Vila de Noia s/n (Pavillón Polideportivo), 15100 Carballo e NIF G70046362, esta a organizar en Carballo a fase de ascenso a DHP para a que se clasificou o seu equipo sénior masculino.

Para tentar financiar a organización de dito evento, Escolas Balonmán Xiria vai a sortear unha serie de produtos valorados en mais de 1.000€ para os que contou coa colaboración dos comercios locais STAR CENTER, CAREMER e TIEN 21.

As rifas estarán a venda dende o día 20 de maio ata o 29 do mesmo mes. O sorteo celebrarase o día 29 de maio unha vez remate o primeiro dos partidos de dita fase de ascenso.

As matrices numeradas das 1.000 rifas impresas serán introducidas publicamente nun recipiente e unha man inocente ira sacando os números, previo anuncio do agasallo sorteado en cada acción.

Mecánica e modo de participación

Para participar so é necesario mercar as rifas, cada unha ten un valor de 3€.

Os números premiados co seu agasallo correspondente, serán publicados na web: balonmanxiria.com, no caso de que algún dos afortunados non estea presente no sorteo, terá 15 días para reclamar o seu premio, para o cal poderá contactar ben por correo electrónico (balonmanxiria@gmail.com) ou dirixíndose a algún dos directivos ou empregados do club.

De non aparecer o afortunado o 15 de xuño, Escolas Balonmán Xiria queda liberada de toda obriga e poderá facer cos produtos sorteados o que considere oportuno.

Premios

Os agasallos a sortear son seis:

  1. SMART TV PHILIPS FULL HD 40’’
  2. Ordenador Portatil LENOVO B50 con procesador Intel
  3. Cafetera De Longui Dolche Gusto
  4. Lote 1 juegos videoconsola:
    1. PSP “PlayChapas”
    2. Nintendo “Magia en Acción”
    3. Wii “Fit Plus”
  5. Lote 2 juegos videoconsola:
    1. PSP “Shrek Tercero”
    2. Nintendo “Guitar Hero”
    3. Wii “Samba de amigo”
  6. Abrelatas eléctrico Fagor

Cancelación do sorteo

O sorteo non se poderá cancelar, salvo que unha causa extraordinaria e imprevisible motive a suspensión da devandita fase de ascenso, nese caso aprazaríase dito sorteo e comunicaríase a nova data por este mesmo medio.

Dispoñibilidade do premio

Inmediata si o afortunado está no lugar do sorteo e presenta o número premiado. En caso contrario o afortunado deberá pórse de acordo coa directiva ou empregados do club que lle darán tódalas facilidades para retirar o seu agasallo no pavillón municipal sito na Rúa Vila de Noia.

Publicidade

Escolas Balonmán Xiria reservase o dereito a publicar o nome dos gañadores do sorteo.

Aceptación das bases

O simple feito de mercar unha rifa e participar no sorteo implica que o participante acepta totalmente as condicións destas bases.

 

Escolas de Balonmán en Carballo, A Coruña