Fernando Vázquez convocado pola Galega

O xogador do Calvo Xiria Fernando Vázquez foi convocado polo seleccionador galego Alejandro López, actual técnico do Keymare Almería de Asobal, para o encontro amigable que enfrontará á Selección Galega contra Tunez. O partido dispútase o vindeiro sábado 2 de setembro ás 20.30 h na localidade de Pontevedra. A relación de xogadores seleccionados é a seguinte:

– Calvo Xiria: Fernando Vázquez
– O.A.R. A Coruña: Javi Díaz
– Portadeza Lalín: Rubén Martínez
– Mecalia At. Novás: Esteban Pedrosa
– Octavio Pilotes Posada: José Ángel Fernández «Cerillo» e Pablo Macías
– Frigoríficos Morrazo Cangas: Pablo Sánchez, Tomás Fontán, Fernando Eijo e Suso Soliño
– S.D. Teucro Ence: Dani Benaches, Víctor Vigo, Rafa Dasilva e Coque Fontenla