GARAYSA XIRIA 18 – IFECGAS PEREIRA XIRIA 30

16/01/2004 7ª XORNADA

Partido adiantado á 7ª xornada de liga na categoría cadete masculina que se disputou na tarde do Xoves no Pavillón da Zona Escolar de Carballo entre os dous equipos da A.D. Xiria, Garaysa Xiria e Ifecgas Pereira Xiria.

O encontro comezou cunha forte defensa do equipo mais novo, o Garaysa, que ante a maior forza e envergadura do Ifecgas Pereira saíu moi motivado nese aspecto. Pero este feito durou só uns minutos, ata que o Ifecgas Pereira se asentou no campo e impuxo o seu ritmo de xogo. De todas maneiras os rapaces que dirixe Fernando Vázquez mantiñan distancias curtas no electrónico facendo un digno papel no partido, aínda que podería tes sido mellor se a defensa tivera a mesma intensidade que nos primeiros minutos. Pouco a pouco o equipo que hoxe exercía de visitante foise despegando no marcador ata o 8-14 que sinalaba no descanso.

A segunda metade transcorreu nuns derroteiros moi cómodos para o equipo de Martín Cotelo que, cun parcial de 6 tantos ó seu favor, ó igual que na primeira metade, chegou a ese marcador final de 18-30.

GARAYSA XIRIA: Guillín, Norberto ( 1 ), Diego Díaz, Jesús ( 2 ), Joaquín ( 9 ), Manuel ( 5 ), Eloy ( 1 ), Niko, Óscar, Marcos, Martín.

IFECGAS PEREIRA XIRIA: Iván, Cristophe ( 2 ), Rubén García ( 2 ), Anxo ( 5 ), Aitor ( 5 ), Gonzalo Pombo ( 4 ), Rodrigo ( 3 ), Javi Viqueira ( 9 ), Iago, Alejandro.

O colexiado Sr. Pereira Navaza tivo unha actuación regular.