O Garaysa Xiria e o Academia Octavio terminan empatando

Último partido da tempada para o conxunto carballés do Garaysa Xiria; que se enfrontaba ao Academia Octavio nun encontro que dominou desde o principio; pero as perdas de balón nos instantes finais prexudicaron en demasía, para finalmente acabar en empate a 29 goles.
Quedan 2 semanas de adestramentos, e o balance da tempada debe de ser positivo; despois dos resultados e a evolución dos xogadores. Pero non se deben de conformar co realizado ata o momento, xa que hai que seguir traballando, para aspirar a cotas máis altas nas próximas competicións.

Incidencias: Partido disputado no pavillón de Coia, en Vigo, ante un centear de seareiros de ambos conxuntos. Colexiados: Andrea Arcibay e Inocencio Pérez do colexio galego.

ACADEMIA OCTAVIO 29 ( 13 + 16 ): Anxo Silveira, Roberto Castro, Pablo Mouriño, Mario Vázquez, Lucas García, Hugo Robles, Marcos López, Luís Álvarez, Manu Rodríguez, Carlos Curras, Roque De Arcos, Xabier Domínguez, Hector Da Cunha.

GARAYSA XIRIA 29 ( 18 + 11 ): Mateo Pallas [p], Andrés García, Ángel Viña, Samuel Veiga, Julián García, Martín Fuentes, Alberto Rodríguez, Juan Martín, Alberto Suárez, Pedro Porteiro y Miguel Goimil.