PROCASA XIRIA 20 – BALONMANÓPOLIS 7

14/11/2004 2ª XORNADA

PROCASA XIRIA: Naya, Zas (1), Dani (1), Andrés, Pombo (4), Rodrigo (2), René, Brais (1), Diego (8), Néstor (2), Iván (1) e Óscar.

Partido aprazado da segunda xornada.

Demostrou o equipo infantil da A.D. Xiria ter moita calidade e moita disciplina na pista. O público que asistiu o encontro puido disfrutar do xogo despregado por uns rapaces de doce e trece anos que ás veces parecen ter dous ou tres anos mais. A intensidade que poñen en defensa así coma a súa actitude é digna de reseñar. O posicionamento no contraataque de segunda oleada, a disciplina no ataque posicional así coma o xogo co pivote fan ter moitas ilusións neste equipo que no primeiro cuarto deste encontro practicou un balonmán que xa o quixeran para si moitos equipos de idades superiores. Todos os xogadores carballeses estiveron excepcionais. Todo isto levou os de Carballo a unha victoria sen paliativos sobre o cadro coruñés do Balonmanópolis.

Parciais: 6-1 / 5-2 / 5-1 / 4-3