Un Goldie Xiria peleón cae diante do Bm Tui

Non foi a mellor tarde das carballesas que non se lles pode achacar nada en canto á actitude mostrada no 40×20; onde o tentaron de todas as formas posibles, pero o Bm Tui mostrouse máis regular ao longo dos 60 minutos e levou os 2 puntos.

Parcial inicial de 0 a 4, para as visitantes; o Goldie Xiria precipitábase nas accións de segunda onda do contraataque e atascábase no ataque posicional. Non foi ata o minuto 10 onde conseguía o seu primeiro gol, pero non cesaban as dificultades, o Bm Tui dominaba o encontro. A diferenza íase ata os 6 goles; pero o equipo reaccionou nos minutos finais, axudado grazas aos cambios; e onde todas teñen que achegar o seu granito de area, a diferenza ao descanso foi de 10 a 14.

Na continuación, o traballo defensivo seguía recortando diferenzas aos poucos, pero as visitantes non o poñerían nada fácil grazas en parte á porteira Noemi Ferreiro e a lateral Andrea Igrexas. Cando quedaban 15 minutos para o final, a diferenza volveu aos 4 goles.

Lonxe de renderse, as xogadoras do Goldie xogaron o penúltimo cartucho cunha boa defensa 5:1 con Sheila Ferreiro no avanzado. En ataque, o equipo conseguía xogar ben para a segunda liña e os goles de Raquel Gómez e Elena Segade mantiñan o pulso ao partido. Faltoulle tempo para a remontada ao Goldie Xiria ante un Bm Tui que cometeu menos erros e levou a vitoria.

A seguinte semana; O Goldie Xiria xoga a domicilio ante a S.A. R. de Redondela.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Vila de Noia ante un centear de seareiros, que estiveron moi animados.

GOLDIE XIRIA 22 ( 10 + 12 ): Nadia Vázquez [p], Sara Pose [p], Juana Garrochena (2), Alba Rodríguez, Támara Pombo (1), Natalia Solís (3), Jessica Posse, Saray Couto, Soraya Martínez, Elena Segade (5), Sheila Ferreiro, Sandra Santos, Raquel Gómez (7), Zeltia Landeira (4).

BM TUI 24 ( 14 + 10 ): Noemi Romero [p], Andrea Gregores (1), Begoña Toucedo (2), Sandra Araujo (6), Nerea Miguez, Alba Ferreiro (4), Andrea Iglesias (3), Muti Marciela, Susana Méndez (2), Ainhoa Castro (1), Sonia Rodríguez (5), Patricia Alfaya.