VIVENGAL SARDOMA 23 – CALVO XIRIA 28

09/09/2006 VIVENGAL SARDOMA 23 – CALVO XIRIA 28
Vivengal Sárdoma: David, Abel (3), Fernando(1), Diego (1), Rubén (4), Donato (4), Augusto (4) – equipo inicial – Yago, Aitor, Amador, Cristian, Borja (6).

Calvo Xiria: Quique, Cuco (3), Fernando (5), Dubra (5), Cristophe, Aitor (1), Javi Zas (4)– equipo inicial – Iván, Hernán, Mario, Pablo, Gonzalo Pombo (4), Queco (6).

Colexiados: Os colexiados Srs. Piñón e Goitia non influíron no marcador final.

O Calvo Xiria acadou unha vitoria na visita ao Sardoma por cinco goles, no descanso o resultado era de 9 – 19 a prol dos carballeses.

Comezou ben o encontro o Calvo, centrado en defensa e con fáciles contras que levaron o marcador a un 0-5 que deixaba ben ás claras a diferenza entre os dous conxuntos. Pero non tardaron os xogadores carballeses en empezar a ver o distinto que vai ser este ano o criterio arbitral e as exclusións permitiron ao conxunto vigués aproximarse no marcador. Dende o minuto quince as cousas parecérense máis ao principio do encontro e a diferenza non deixa de medrar, baseándose nunha sólida defensa e un ataque fluído no que o balón circula rápida e eficazmente.

Á volta dos vestiarios nada cambiou ata que o resultado foi de 9 -22, a máxima renda acadada polo Xiria no partido. A partir de aquí, o equipo vigués subiu a súa agresividade defensiva, o que unido á unha grave falta de actitude por parte de tódolos compoñentes do Xiria, motivou un parcial de 14 – 6 nos derradeiros vinte minutos de encontro.

A lectura do partido non deixa lugar a dúbidas, o Calvo ten que se adaptar a unha nova categoría na que o criterio arbitral e distinto, no que cada equipo vai intentar impor as súas armas e na que non se pode permitir a mínima relaxación senón quere ter máis dun susto.