ASESORÍA SUEIRO XIRIA 21 – C. B. Cisne 18

03/04/2005 9ª XORNADA

ASESORÍA SUEIRO XIRIA: Iván, Cuco ( 3 ), Queco ( 4 ), Hugo ( 3 ), Gonzalo ( 3 ), Alejandro ( 5 ) – equipo inicial – Anxo, Alberto, Aitor, Chimpo ( 3 ), Rodrigo, Miguel.

C. B. CISNE: Adrián, Borja ( 1 ), Jorge ( 5 ), Manuel ( 1 ), Alberto ( 2 ), Amadeo, Nicolás ( 9 ) – equipo inicial – Rodrigo, Riobo, Oscar, Roberto, Jesús.

O Asesoría Sueiro Xiria acadou dous puntos no partido que o enfrontou o C. B. Cisne por 21 goles a 18 e no que se foi ó tempo de lecer cun resultado de empate a 11.

Partido pésimo o disputado polo cadro carballés que so fixo algo positivo enmarcado na labor defensiva da segunda metade, non axudada en ningún momento polos árbitros o que lles apeteceu sinalar un so pasivo, e na que so encaixaron sete goles.

Pero e pouco bagaxe para un equipo que debe de demostrar en cada partido a calidade que posúe, e que leva sen facelo dende a súa derrota ante o Teucro na derradeira xornada da primeira volta. O ataque e contraataque carballés desapareceu dende esa xornada e vai precisar reencontralo se aínda quere optar a quedar segundo, xa que unha victoria en Pontevedra ante o Teucro e a derrota do Lalín en Camariñas daríalle esa posibilidade. Mais parece moi complicado se o Xiria non é capaz de espertar do letargo no que se atopa.

Os colexiados Srs. Pérez e Lorenzo deambularon polo campo sen saber que tiñan que arbitrar un partido de balonmán.