O Hierros Varela Urbieta perde a eliminatoria pola Final 4 ante o Culleredo

Eliminatoria para entrar na Final 4 Cadete Masculino

Culleredo Remax Riazor 36 – Hierros Varela Urbieta Xiria 32 (14-15)

O Hierros Varela Urbieta Xiria non disputará a Final 4 da categoría ao perder este sábado diante do Balonmán Culleredo.
Saíron ambos equipos coa intensidade que se supón nun partido desta transcendencia, o Hierros Varela Urbieta dominaba a primeira metade pero era incapaz de abrir brecha no marcador, excesivos fallos de lanzamentos claros desaproveitados, 14 a 15 ao descanso.
As exclusións e os fallos dende a liña de 7 metros foron un lastre na segunda metade para os de Carballo, por dúas veces no inicio da segunda metade quedábase o equipo con 4 xogadores de pista permitindo que os locais do Culleredo se distanciasen no marcador, o Xiria aproximouse a un gol nos derradeiros minutos pero non foi quen de facerse coa remontada.

Culleredo Remax Riazor 36 (14): Hugo García e Hugo Díaz (porteiros), Teo 1, Alex, Adrián 3, Xoan Canedo 14, Fabian, Xoan Bello 2, Jorge 5, Jaime 2, Jairo 2, Roi 2, Iago 3, Pablo e Diego 2.

Hierros Varela Urbieta Xiria 32 (15): Izan Cabeza, Xano Rama e Dani Marta (porteiros) Andrés Pombo 6, Nico Cancela 8, Saúl Fuentefría 7, Alvaro Gómez 1, Marcos Varela 4, Pablo Fraga 2, Xabi Fernández, Nico Mejuto, Andrés Pedreira 1, Lucas Mateo 3 e Rubén Nogareda

Arbitraron: André Pena e Pablo Torreiro