BM. FERROLTERRA 16 – PUNTA DEL ESTE XIRIA 38

29/01/2005 5ª XORNADA

BM. FERROLTERRA: Angela, Laura ( 4 ), Marta ( 1 ), Paula ( 1 ), Noelia ( 9 ), Lucía, Carmen ( 1 ) – equipo inicial – Sara, Alba, Tatiana, Fátima

PUNTA DEL ESTE XIRIA: Noelia, Patricia ( 5 ), Mariana ( 9 ), Sheila ( 10 ), Jennifer ( 5 ), Cristina, Jessica ( 4 ) – equipo inicial – Marta ( 5 ), Rodríguez, Diana.

O equipo cadete feminino do Punta del Este Xiria desprazouse a Ferrol onde acadou unha nova victoria ante o Balonmán Ferrolterra por 38 a 16, xa no descanso mandaba por 21 – 8.

Non tivo historia o partido, xa que nin as numerosas baixas que presentaba o cadro carballés bastaron para dar a mínima emoción a un encontro decidido dende o minuto dez.

Con este encontro cérrase a primeira volta da liga provincial e todo parece indicar que non hai ningún rival que poida pór en apretos o Punta del Este Xiria nesta primeira fase, xa que a maior parte dos equipos comenzaron este ano a sua andaina no mundo do balonmán.

A segunda volta comenza a semana que ven en Camariñas, no que foi o partido máis axustado para as carballesas.

Os colexiados Sra. Noelia Andrada e Sr. Diego Vázquez non tiñan mais que asubiar os saques de centro e ata de eso se esqueceron.